jueves, mayo 9, 2024
InicioConcellos +ArboArbo abre a súa segunda Casa do Maior

Arbo abre a súa segunda Casa do Maior

Situada tamén na parroquia de Sela, suma 10 prazas para persoas maiores de 60 anos, en situación de dependencia moderada ou severa

O alcalde de Arbo, Horacio Gil, sinala que esta instalación permite que as persoas de máis idade «estean ben acompañadas e reciban a atención que necesitan preto das súas casas e parroquias, tal e como prefiren». Gil destacou a importancia de iniciativas como esta para axudar na conciliación laboral e persoal dos familiares que se atopan no coidado dos anciáns.

As casas do maior é un servizo profesional que funciona como pequenos centros de día en concellos de menos de 5.000 habitantes.
Estas dúas casas do maior están nas dúas vivendas dos mestres que o Concello cedeu á Asociación Cooperativa Galega para o seu acondicionamento e xestión do servizo.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES