lunes, mayo 20, 2024
InicioNewsActualidade"Isto non é para ti, isto é cousa de homes"

«Isto non é para ti, isto é cousa de homes»

"Mentres as mulleres escoiten frases como esta, debemos seguir recordando todo o que nos queda por traballar pola igualdade real", Alfonso Rueda, presidente da Xunta en funcións.

Rueeda puxo en valor hoxe o papel fundamental da mocidade galega á hora de acadar unha sociedade con igualdade real entre mulleres e homes. Referiuse, así, ás novas xeracións como unha peza fundamental á hora de rachar con estereotipos e acabar con todo tipo de discriminacións.

Así o salientou durante a súa intervención nun acto con motivo da celebración do Día da muller no que se fixo entrega dos galardóns ao alumnado que resultou premiado no concurso de carteis do 8-M e tamén se deu a coñecer a experiencia de dúas mozas referentes nos seus respectivos campos: a deportista Irene Blanco e a cantante Xoana.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES