jueves, mayo 9, 2024
InicioConcellos +As NevesO Castro de Altamira nas Neves contará cunha web e plataforma de...

O Castro de Altamira nas Neves contará cunha web e plataforma de realidade virtual

A Deputación de Pontevedra vén de sacar a licitación o servizo para implantar unha plataforma museográfica virtual para a posta en valor, como recurso turístico, deste castro na parroquia de Taboexa, conxuntamente co de Troña no Concello de Ponteareas.

O proxecto, enmarcado no Plan de Sostibilidade Turística en Destino Condado – Paradanta “Unha terra entre ríos” que conta co financiamento do Plan de Recuperación do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, ten un orzamento máximo de 72.000 euros e as empresas poderán presentar ofertas ata o mércores 13 de marzo.

Con esta iniciativa búscase poñer en valor, difundir e divulgar o patrimonio arqueolóxico asociado á Idade de Ferro e á cultura castrexa na comarca do Condado-Paradanta, dotándoo de ferramentas dixitais para mellorar a interpretación do conxunto patrimonial existente.

Incluirá unha proposta de realidade virtual, un portal web e a instalación de sinalética intelixente.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES