martes, abril 30, 2024
InicioConcellos +ArboArbo, primeiro concello da Paradanta na rede “Parques sen fume”

Arbo, primeiro concello da Paradanta na rede “Parques sen fume”

O Concello adhírese a esta iniciativa declarando a área recreativa de San Antonio como o primeiro espazo verde libre de fume na vila.

Está situado no barrio da Estación, na estrada PO-405 que une Arbo co municipio portugués de Melgaço, cruzando sobre o río Miño. O espazo alberga sendas de paseo, unha zona de merendeiro con mesas e bancos e un parque infantil.
Nos 3.000 metros cadrados deste espazo recreativo albérgase tamén unha zona biosaudable con recente equipamento deportivo, un estanque con patos e a Capela de San Antonio.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES