¿Quén matou a Judith?

Búscase a un home, ex parella, que tiña unha orde de alonxamento

0
316

A Garda Civil está a desenvolver varias liñas de investigación para determinar quen segou a vida da xove atopada morta este xoves no Porriño, Judith M. G. de 37 anos de edade, pero tódalas pistas apuntan a un crime machista

Segundo os datos da autopsia, recollidos por FARO DE VIGO, tratouse dunha morte por asfixia, polo que se investiga como un crime. Confirmase que se trata de unha morte violenta aínda que non houbese signos aparentes de violencia.

Sabendo que a xove adicabase a prostitución, a investigación non descarta que fose un ou varios clientes os que a afogasen, pero tamén se estudan outras posibilidades, coma a de unha ex parella, un home de orixe brasileiro con orde de alonxamento dela, e que a Garda Civil aínda non atopou.

E moi posible que as cámaras de seguridade do lugar onde se deixou o cadáver poideran  desvelar novos datos.

O corpo estaba semioculto detrás dun contedor e dun peche de postes de granito nun dos accesos ao Polígono Industrial de As Gándaras. A primeira teoría que se manexa é que unha ou varias persoas trasladaron o cadáver a través da A-55, que comunica Porriño e Tui, entraron polo acceso do Parque Industrial e colocaron o corpo detrás do peche de pedra e do contedor que hai nesa zona.

O cadáver foi atopado, sobre as cinco da tarde do xoves, por un transportista que se baixou do seu vehículo para falar por teléfono e ao asomarse ao peche viu o corpo. Nun primeiro momento, o home non sabía se se trataba dun maniquí e cruzou a estrada para dirixirse a un taller e unha tenda de repostos para que lle acompañasen.

A zona está moi próxima á ITV de Porriño e é moi frecuentada durante todo o día, polo que se cre que o corpo puido ser lanzado na zona de noite. Segundo fontes consultadas por este xornal, o corpo nun primeiro momento non presentaba signos aparentes de violencia e estaba vestido integralmente con roupa negra.

O Concello de Porriño mostrou a súa consternación cos feitos sucedidos convocando un minuto de silencio ás seis da tarde deste venres na Praza Arquitecto Antonio Palacios. Máis de medio centenar de persoas secundaron a concentración en repulsa pola morte violenta desta veciña de Vigo. Ademais do alcalde de Porriño, Alejandro Lorenzo, estiveron presentes os demais concelleiros do equipo de goberno e dos grupos da oposición, así como tamén a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo.