martes, mayo 21, 2024
InicioComarcasÁrea de VigoDeclaracións dunha amiga de Judith que pide xustiza

Declaracións dunha amiga de Judith que pide xustiza

As compañeiras e compañeiros de Judith Muñoz, a muller de 37 anos que apareceu asasinada por asfixia o xoves pola tarde detrás dun colector de lixo no polígono porriñés das Gándaras, pide xustiza.

Judith era veciña de Vigo, vivía nunha casa okupada no Camiño de Remodeira, e exercía a prostitución. Tiñá unha filla que vivía coa avoa en Ourense.

Un encontronazo cun cliente que a levou a Gondomar e non lle quería pagar, o seu exmozo de orixe brasileiro ao que xa tiña denunciado por malos tratos ou unha furgotena rotulada que a estaba agardando preto do seu domicilio marcan as principais vías de investigación para esclarecer o crime.

O seu teléfono móbil e o seu bolso non apareceron.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES