sábado, diciembre 7, 2024
InicioNewsO BNG anuncia que non acudirá ao pleno da Deputación para votar...

O BNG anuncia que non acudirá ao pleno da Deputación para votar unha moción do PP a favor da Constitución e en contra da amnistía

O grupo do Bloque Nacionalista Galego na Deputación de Pontevedra non acudirá ao pleno provincial convocado de maneira extraordinaria e urxente para o vindeiro luns ás 13:00 horas. A sesión plenaria se convoca cunha única orde do día que é votar a moción do grupo do Partido Popular «en defensa da Constitución española, a igualdade dos españois e o respeto ao estado do dereito e a democracia».

O voceiro nacionalista, César Mosquera, destaca que «únicamente responde aos intereses e á compaña do Partido Popular a nivel estatal para deslexitimar, xunto a VOX, o novo goberno do Estado». Ademais, engade que «xa hai convocado un pleno para o vindeiro venres 24 no que a moción do PP podería ter cabida perfectamente e ser debatida por todos os grupos sen a necesidade de buscar xiros efectistas e por conveniencia partidista para dar máis rebumbio á súa campaña particular de descrédito do novo executivo estatal».

Mediante un comunicado, Mosquera apunta que «o BNG non lle vai seguir o xogo ao PP».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS