lunes, octubre 7, 2024
InicioActualidadeDeportesAs entradas para o encontro da Selección Española de Fútbol en Pasarón...

As entradas para o encontro da Selección Española de Fútbol en Pasarón saen a venda o xoves 23

A Selección Española Feminina de Fútbol, que dirixe Monte Tomé, regresa a Galicia, concretamente a Pontevedra, e faino cun encontro oficial fronte a Italia, valedoira para o grupo D da UEFA Womn´s Nation League que se xogará o 1 de decemebro no Estadio Municipal de Pasarón. A Federación acaba de anunciar que as entradas para este encontro sairán á venda o xoves 23 de novembro, con prezos que oscilan enre os 10 e os 15 euros.

A única canle de venda das entradas será a web oficial tickets.rfef.es, que estará accesible ao público para a compra de billetes para este partido a partir das 12:00 horas dese xoves. As localidades de Tribuna terán un prezo de 15 euros, mentres que as de Preferencia se fixarán en 12 euros e, no caso de ambos fondos, as entradas custarán 10 euros.

Ademais, poranse á venda entradas para persoas con diversidade funcional (en cadeira de rodas). Estas localidades PMR (para persoas con mobilidade reducida) terán un prezo de 15 euros en Tribuna e 12 euros en Preferencia, incluíndo neste caso unha localidade para a persoas acompañante. Ditas entradas deberán solicitarse previamente a través da mencionada web tickets.rfef.es.

A Deputación colabora con este encontro, que converterá a Pontevedra de novo en escenario dunha competición deportiva internacional de gran importancia, como parte do seu compromiso co deporte ao tratarse dun eixos prioritarios do Goberno provincial. Neste sentido, a administración provincial apoiará economicamente esta cita ante a selección italiana cun patrocinio de 200.000 euros.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS