lunes, mayo 27, 2024
InicioComarcasLouriñaCondeado o Concello do Porriño a devolverlle a Atios as rendas das...

Condeado o Concello do Porriño a devolverlle a Atios as rendas das canteiras

O Xulgado de Instrución número 3 do Porriño (Pontevedra) condenou ao Concello porriñés a aboar á Comunidade de Montes de Atios todas as cantidades percibidas polos contratos de arrendamento das parcelas das canteiras situadas en monte comunal desde febreiro do 2018 ata novembro de 2022.

Así se desprende da resolución asinada o pasado 4 de setembro pola maxistrada do devandito xulgado, Raquel Casas, que resolve a demanda de execución presentada pola Comunidade de Montes, tras a sentenza firme de Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) do 14 de novembro de 2022.

Tal como informou a Comunidade de Montes, na actualidade descoñécense as cantidades debidas, debido a que terá que ser o Concello, nun prazo de 10 días, o que informe do canon cobrado polas canteiras durante eses anos.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES