lunes, abril 29, 2024
InicioNewsComarcasMelloras de 3 millóns de euros no firme da PO-400

Melloras de 3 millóns de euros no firme da PO-400

A Xunta está a desenvolver unha actuación de mellora do firme na PO-400. Esta actuación beneficia aos concellos de Crecente, Arbo e As Neves e conta cun investimento da Xunta de ao redor de 3 millóns de euros.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou Este venres pola mañá Crecente. Tras o recibimento na Casa do Concello, o delegado coñeceu o estado das obras xunto ao alcalde Julio César García-Luengo Pérez.

A obra está a reparar o firme mediante fresado e reposición das zonas que se atopaban deterioradas. Os operarios retiraron o firme deteriorado e instalaron un novo dun espesor de preto de cinco centímetros.

Ademais, a actuación contempla o acondicionamento das interseccións arredor dos PQ 13+910 e 17+500 coa incorporación dun carril central que facilite os desvíos. Por outro lado, repararánse distintos puntos da sección transversal, o que permitirá mellorar a drenaxe da vía.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES