miércoles, mayo 15, 2024
InicioA terraA nosa culturaA filóloga Kathleen March entrará na RAG en Mondariz Balneario

A filóloga Kathleen March entrará na RAG en Mondariz Balneario

Entrará na Real Academia Galega (RAG) como académica de honra o día 23 e no acto lerá «Máis alá do manifesto», como discurso nun acto en Mondariz Balneario.

Kathleen March naceu en Rochester (NY) en 1949 e formouse como especialista en estudos hispánicos, latinoamericanos e portugueses; na actualidade é catedrática emérita de Español na University of Maine.

Chegou a Galicia en 1975 un pouco por casualidade, para estudar a poesía de Manuel Antonio, e aquí quedou prendida da cultura e do país.

Ten publicado estudos sobre Carvalho Calero, Castelao, Luz Pozo, Xohana Torres e, sobre todo Rosalía de Castro, ademais de desenvolver un incansábel labor como tradutora. Nos anos 80 fundou e presidiu a Galician Studies Association (a actual Asociación Internacional de Estudos Galegos), que se revelou como unha utilísima ferramenta para impulsar os estudos galegos na academia norteamericana e, posteriormente, no ámbito internacional.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES