sábado, abril 27, 2024
InicioActualidadeCulturaIntenso fin de semana cultural e deportivo en Gondomar

Intenso fin de semana cultural e deportivo en Gondomar

- A programación cultural do Concello de Gondomar continúa esta fin de semana cunha ampla oferta que inclúe música e deporte

A programación da fin de semana comezará o sábado coa actuación do grupo de música tradicional “Os Terribles de Donas” que presentarán o seu amplo repertorio no Auditorio Municipal Lois Tobío ás 20:00 horas con entrada libre ata completar aforo.

As actividades do domingo arrancarán cedo, ás 8 da maña onde terá lugar a saida dende a Praza Paradela da Marcha Cicloturista Concello de Gondomar, que reunirá a centos de amantes da bicicleta que farán un percorrido por diferentes localidades da comarca, para rematar novamente na Praza do Concello de Gondomar en torno ás 14:00 horas.

A partir das 16:00 dará comezo no parque Ponte das Rosas a I edición do Festival Predator, onde a música e o deporte se misturarán nunha actividade aberta a todo o público ata ás 20:00 horas.

Para rematar esta variada oferta o mesmo domingo ás 20:00 horas a Banda de Gaitas Irmandade, chegados dende Urugai, subirán ao escenario do Auditorio Lois Tobio.

Ademáis da programación propia, o concello colabora activamente cos distintos centros culturais e asociacións de veciños na sua programación cultural. Deste xeito o Concello colabora coa AVV Galiñeiro de Vincios que celebra durante todo o sábado a súa Festa do Socio, proporcionando o concello a instalación dunha carpa, a través da firma dun convenio de colaboración que asinaron este venres o alcalde e a presidenta desta asociación.

O alcalde suliñou que “a cultura e o deporte son uns dos piares fundamentais da nosa acción de goberno, así o ten sido nestes últimos anos e así o seguirá sendo nos próximos e continuaremos con noso apoio decidido aos centros culturais e asociación veciñais nas suas actividades, e claro exemplo delo é o convenio que acabamos de asinar coa Asociación Galiñeiro de Vincios”

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES