jueves, mayo 9, 2024
InicioComarcasO CondadoConta atrás para a 15 edición da Feira Tradicional dos Remedios en...

Conta atrás para a 15 edición da Feira Tradicional dos Remedios en Ponteareas

Conta atrás para que os veciños e as veciñas de Ponteareas, así como dos diferentes municipios das comarcas, sexan partícipes da 15 edición da Feira Tradicional dos Remedios. Este venres día 8 xa haberá postos de enogastronomía, entre outras temáticas. O sábado día 9 a partir das 10:00 horas terá lugar de novo a apertura de postos e as 22:00 horas actúa a orquestra Verano Azul na Praza Bugallal. Haberá tamén unha discomóvil a partir das 00:30 horas.

Pero antes disto, Ponteareas gozará, por primeira vez, dun pregón para inaugurar de xeito oficial as festas de setembro. Trátase do actor e humorista Xosé Antonio Touriñán. Será no Conello.

Podes escoitar a entrevista co edil de cultural, Ricardo González, aquí:

Podes escoitar tamén a entrevista co humorista Pepo Suevos, que actuará xunto co actor Manuel Manquiña e a actriz Pili Pampín coa orquestra Ocaband o domingo a partir das 22:00 horas:

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES