miércoles, mayo 8, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoA Xunta inviste máis de 94.000 euros nas prazas de Abastos do...

A Xunta inviste máis de 94.000 euros nas prazas de Abastos do Baixo Miño

• O delegado territorial visitou o Mercado Municipal de Tomiño, que recibiu unha axuda de 60.000 euros • Este apoio permitirá mellorar a eficiencia enerxética, pintar os interiores e renovar a zona de peixaría do mercado

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá o mercado Municipal de Tomiño, onde a administración autonómica investiu máis de 66.000 euros como parte das axudas para o impulso dunha rede de mercados excelentes de Galicia e a dinamización e rehabilitación das prazas de Abastos.

Este investimento fai parte dos preto de 94.000 euros que se destinaron a este fin en toda a comarca do Baixo Miño, e dos máis de 336.000 euros que se investiron na área territorial de Pontevedra.

En concreto, a Xunta impulsará as obras do Mercado Municipal de Tomiño cunha partida de case 60.000 euros mentres que os 6.000 euros restantes irán para as reformas do mercado de Goián.

O delegado territorial percorreu o mercado e puido comprobar o motivo polo que conta co selo de mercado excelente. O novo financiamento servirá para mellorar a sección de peixerías, pintar os interiores, realizar pequenas labores de mantemento e adaptar a iluminación para mellorar a eficiencia enerxética do espazo.

Reguera aproveitou a visita para destacar o importante papel que seguen tendo os mercados e prazas de abastos de toda Galicia que “ademais de ser un lugar onde mercar os nosos produtos frescos, son un ben cultural que non debemos perder”. Ademais, destacou a labor da Xunta neste sentido que “segue apostando por modernizar estes espazos e fomentar a súa dinamización”.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES