viernes, mayo 10, 2024
InicioComarcasÁrea de VigoMusica e gastronomía chegarán a Nigrán co Rilla na Rúa

Musica e gastronomía chegarán a Nigrán co Rilla na Rúa

- Do 17 ao 20 de agosto, o Parque da Coelleira encherase de música, comida, artesanía e xogos para os pequenos/as

O Concello de Gondomar e Elemental Street, empresa promotora de eventos, presentaron este martes o Rilla na Rúa “Edición Novecento”, catro días de propostas gastronómicas variadas e un programa cargado de actividades para todos os públicos.

Da tarde do xoves 17 ao domingo 20 de agosto no Parque da Coelleira, o público poderá disfrutar de mercados de artesanía, actividades infantís, unha ampla oferta de foodtrucks e concertos cun fío condutor: a música dos anos 80.

O evento deste ano rende unha pequena homenaxe á histórica discoteca Novecento, emblema da “movida” en Gondomar.

O Rilla na Rúa “Edición Novecento” comezará na tarde do xoves 17 e prolongarase ata a noite do domingo, 20 de agosto. Cun programa todavía por desvelar, haberá actividades para os máis pequenos e pequenas da casa o venres pola tarde e o sábado e domingo en horario de mañá e tarde (ás 12:30 e as 18:30 horas, respectivamente), markets de artesanía abertos desde as 12 horas, tamén foodtrucks para as quendas de comida e cena, e concertos cada día desde as 22 horas.

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, destacou que “O Rilla na rúa é un dos eventos familiares de máis éxito e estamos encantados de que faga parada en Gondomar. Invito a toda a cidadanía de Gondomar e da comarca a que se acheguen ata o parque da coelleira, para gozar da mellor música, e da mellor gastronomía de rúa. Ademáis queremos que esta edición do Rilla na Rúa sirva como homenaxe a un local, o Novecento, que marcou toda unha época e foi un referente en Gondomar e en toda a provincia”

O Rilla na Rúa “Edición Novecento” está organizado conxuntamente pola empresa promotora de eventos Elemental Street e o Concello de Gondomar, conta co patrocinio de Mahou, Fontecelta e Platú, e a colaboración de Recados Carmen.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES