lunes, mayo 20, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoKmZero, Manuel Madarnás, AcevedosDelgados e Pachecho Bros danse cita en "Sons da...

KmZero, Manuel Madarnás, AcevedosDelgados e Pachecho Bros danse cita en «Sons da Rúa»

- Os concertos serán este venres e o luns 14 dende ás 21 h na Corredoira

A música en directo será a protagonista deste venres e do próximo luns en Tui coa
celebración do programa ‘Sons da rúa’. Esta actividade estaba prevista para o
mes de xullo pero tivo que ser aprazada daquela debido á previsión de choiva.


Este venres a cita musical comeza ás 21 h no Paseo da Corredoira co grupo
KMZero. É un grupo tudense creado en Rebordáns e conformado por Karla Lima
(voz) e Fran Gómez (guitarra). Ambos realizan versións de temas actuais pero
tamén máis clásicos e recoñecidos, recorrendo ao pop. Ás 22 h no mesmo lugar
actuará o trompetista tudense Manuel Madarnás presentando o seu proxecto
musical “La MMarca”, que está enfocado na música pop. Nesta ocasión estará
acompañado polo guitarrista Sic Salem e do baterista Jorge Pimentel.


O luns 14, de novo na Corredoira, ás 21 h Acevedos Delgados, de Goián, abrirá
a proposta musical do día. O grupo está formado polos músicos Andrés Acevedo e
Davinia Delgado. Realizan versións de cancións populares pero tamén
interpretarán os seus propios temas con toques de pop, blues e rock. Mentres ás
22 h Pacheco Bros, dúo formado polos irmáns vigueses Javi e Diego Pacheco,
ofrecerá un espectáculo en acústico combinando guitarras e voces. Percorrerán a
historia da música pop rock e o blues dos anos sesenta, con versións de temas
máis recoñecidos e tamén actuais.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES