lunes, octubre 7, 2024
InicioOcio e deporteGastronomíaA Cañiza presenta a 57 edición da Feira do Xamón

A Cañiza presenta a 57 edición da Feira do Xamón

- O Alcalde Luis Piña presentou no complexo hosteleiro «Os do Resero» esta nova edición da Feira en compañía do Deputado David Regades e do Alcalde de Melón Emilio Díaz

O 15 de agosto celebramos xa “57 ANOS DE FEIRA DO XAMÓN”, unha festa gastronómica que, a excepción dos anos do COVID, 2020 e 2021, ven celebrándose dende o ano 1967 sen excepción. Unha cita ineludible do verán galego co bo xamón que ademáis ten o valor de congregar e reunir  a veciños e turistas.

Na xornada do 15 de agosto o Concello preparará 10.000 racións de xamón en diferentes especialidades, sendo o xamón curado o abandeirado. Tamén tortilla de xamón, empanada, xamón asado e xamón empanado. As racións que se poderán comprar nas típicas pallozas da Feira véndense a 7 € e inclúen ademáis do xamón, pan, un vaso de viño albariño da Cañiza ou auga. Destacar que un dos albariños que ofrecemos na xornada, Abelán (de Terras de Abelán ), da D.O. Rías Baixas, foi elexido como un dos mellores viños da terra nas Catas de Galicia 2023 organizadas por AGACAL, conseguindo o prezado Acio de Ouro.

Abriu a presentación o Alcalde de Melón lembrando os seus anos da infancia e adolescencia, cando tiñan como referente das mellores festas, á Feira do Xamón. Uns anos nos que a Feira se celebraba agasallando cun lisco de xamón e pan aos conductores e ocupantes dos vehículos que circulaban pola N-120, ao seu paso pola Praza Maior. O Alcalde agradeceu a invitación e felicitou ao Concello pola organización desta grande Feira.

Pola súa banda, o Deputado David Regades, novamente aceptou a invitación do Concello de estar presente na Cañiza para ponderar e vender un dos mellores activos da Cañiza: o XAMÓN e a súa FEIRA que promociona este produto. O xamón da Cañiza que co especial microclima das montañas da Paradanta e do Pedroso alcanza a mellor das curacións. Regades apelou á importancia da Feria como escaparate para vender os productos e os activos da Cañiza, que non son poucos. Agradeceu tamén a invitación do Alcalde e amigo persoal, Luis Piña e convidou a todos os galegos e turistas a visitar A Cañiza no seu día grande.

Na presentación de hoxe o Alcalde avanzou a programación das festas que podedes consultar neste enlace https://caniza.org/gl/actualidade/axenda-actividades/programacion-da-57-feira-do-xamon-15-de-agosto-2023, destacando a celebración da cata comentada de curados e viños, o obradoiro do bocadillo xigante de xamón, o VIII concurso nacional de cortadores de xamón e a propia Xornada Gastronómica do 15 de agosto.

Ademáis adiantou que o Concello traballará para conseguir a declaración desta Festa de Interese Turístico Nacional, distinción que xa ten a nivel galego e para acadar a denominación IXP, poñendo en valor o microclima especial da Cañiza para o curado dos xamóns.

O Alcalde agradeceu e felicitou aos cociñeiros do Restaurante Os do Resero pola elaboración dalgunhas das tapas desta presentación e moi especialmente a Víctor Burgos pola calidade e o deseño dos seus  senlleiros pratos de xamón.

Luis Piña rematou a súa intervención recordando o traballo excepcional desenvolvido por todos os homes e mulleres que dende os inicios da Feira, ala polo año 1967, traballaron para que hoxe A Cañiza sexa coñecida como “a Terra do Xamón”.

E despediuse invitando a asistir a esta celebración a todos os galegos e visitantes que desexen pasar unha xornada de festa diferente.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS