martes, abril 30, 2024
InicioNovas CorporacionsCampaña23X: Comeza a campaña electoral

23X: Comeza a campaña electoral

- Os distintos partidos políticos iniciaron este xoves a campaña electoral co pegado simbólico de carteis

O lugar elixido polo PSOE para iniciar a campaña electoral foi Vigo. No inicio da campaña socialista, o secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, estivo acompañado do alcalde de Vigo, Abel Caballero, así como dos principais candidatos do partido na provincia, como o cabeza de lista ao Congreso, David Regades, ou a cabeza de lista ao Senado, Carmela Silva.

Por parte do Partido Popular, o acto de pegada de carteis celebrouse na Praza de Amboaxe, en Ferrol, onde participaron  o presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, o vicesecretario nacional de Organización do PP e cabeza de lista ao Congreso pola Coruña, Miguel Tellado, a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, e o alcalde da cidade, José Manuel Rey Varela.

A localización elixida pola nova formación Sumar foi A Coruña, onde as candidatas de Sumar Galicia, Lois e Verónica Martínez Barbero, arrouparon a Yolanda Díaz na apertura da campaña.

Pola súa parte os nacionalistas escolleron pola súa parte a Praza do Toural, en Santiago, onde a encargada de presidir o acto foi a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES