viernes, mayo 17, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoÁlex Sierpes, actual Campión de España nos 1500 metros obstáculos, é...

Álex Sierpes, actual Campión de España nos 1500 metros obstáculos, é recibido na Guarda

- O pasado xoves realizouse unha recepción oficial ao atleta guardés na Casa dos Alonso

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Deportes, organizou na xornada do pasado xoves día 6 de xullo unha recepción oficial ao deportista local Álex Sierpes, integrante da Sociedade Atlética do Trega e actual Campión de España nos 1500 metros
obstáculos en pista ao aire libre na categoría Sub 16.


Neste acto estiveron presentes representantes da corporación local, familiares e amizades
do deportista, que expresaron a súa gratitude polos seus éxitos deportivos, recibindo un
agasallo conmemorativo. No acto tamén se proxectou un vídeo con algunhas imaxes da súa
participación en diferentes probas deportivas.


Como manda a tradición, Álex, o seu irmán Christian e os seus pais, remataron esta
recepción no balcón da Casa dos Alonso, onde saudaron aos asistentes que agardaban na
Praza do Reló baixo lemas de “Campión! Campión!”.


A traxectoria deportiva de Álex Sierpes é digna deste recoñecemento, polo seu esforzo,
traballo e sacrificio ao longo destes anos, no cal tivo unha evolución imparable no mundo
do atletismo.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES