martes, mayo 21, 2024
InicioActualidadeCulturaVerónica Codesal abrirá o verán cultural de Salvaterra de Miño

Verónica Codesal abrirá o verán cultural de Salvaterra de Miño

- Véronica Codesal abre o verán cultural de Salvaterra de Miño presentando por primeira vez en Galicia o seu novo álbum "100 Voltas"

A actuación será o 28 de Xullo no recinto amurallado de Salvaterra con entrada gratuíta e será o primeiro dos concertos que albergará este entorno privilexiado durante os meses de xullo e agosto.

O Verán Cultural en Salvaterra de Miño comeza o 28 de xullo por todo o alto coa actuación dunha artista galega pero recoñecida fora das nosas froteiras. Verónica Codesal é a única galega que gañou o 2 premio de Eurovisión representando a Bélxica no festival e ademais posúe 9 discos como integrante dos grupos Ialma e Urban Trad.

Agora en solitario presenta por primeira vez en Galicia o seu proxecto propio “100 Voltas” xunto ós músicos Didier Laloy co acordeón diatónico, Damien Chierici ó violín e Boris Tchango coa percusión e batería.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES