viernes, mayo 17, 2024
InicioNewsComarcasO BNG de Ponteareas responde as declaracións do goberno municipal sobre as...

O BNG de Ponteareas responde as declaracións do goberno municipal sobre as subvencións deportivas

- O BNG contestou as declaracións realizadas nas últimas horas polo goberno local do Partido Popular sobre as axudas a clubs deportivos, que segundo a formación nacionalista, “pretenden ser unha cortina de fume que oculte o descoñecemento do novo concelleiro de deportes”

O Bloque di que “as subvencións a entidades deportivas para os gastos do 2022
foron convocadas no mes de xaneiro deste ano, incrementándose con respecto á
convocatoria anterior e valorando criterios e gastos dos clubs do propio 2022. No
momento do cambio de goberno, ditas subvencións quedaron pendentes de resolución
por criterios da Intervención Municipal á hora de considerar ou non válidas
determinadas facturas presentadas por algúns clubs. Unha vez que resolvan esa
incidencia técnica, o goberno do PP ten que concluír ese expediente e ingresar as
axudas que corresponden a cada club, xa que ese diñeiro está dispoñíbel no
orzamento municipal para o pago das subvencións do 2022. A continuación, teñen que
dotar o orzamento dunha nova partida económica e convocar as subvencións do
2023.”

O BNG aclara que non permitirá ao PP “que volva ao pasado e deixe aos clubs sen as
axudas que lle corresponden. O PP está en minoría, polo que se pretende utilizar aos
clubs deportivos para ocultar a súa incapacidade na xestión do concello, atoparase coa
oposición responsábel e rigorosa do BNG, que se centrará en garantir que se
desenvolva todo o traballo que tiñamos en marcha para seguir mellorando o deporte
ponteareán”, afirman.


Os nacionalistas din que dende o seu goberno se creou uha nova liña de subvencións,
destinada a apoiar os eventos deportivos que organizan os clubs na localidade durante
o todo o ano natural. “As bases para a convocatoria das subvencións a eventos
deportivos que se celebraron durante o ano 2022 quedaron asinadas, polo que
pedimos celeridade ao goberno para a súa tramitación”, conclúen.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES