martes, mayo 21, 2024
InicioActualidadeCulturaRueda pon en valor o Seminario de Estudos Galegos

Rueda pon en valor o Seminario de Estudos Galegos

- Destaca o legado destes renovadores da cultura na Galicia actual que sería “menos rica culturalmente, menos unida e menos forte” de non ter existido o Seminario

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou esta mañá a relevancia do Seminario de Estudos Galegos como “un dos grandes alicerces da cultura galega” do pasado cuxo legado continúa vixente na actualidade. O titular do Goberno autonómico asistiu á inauguración da exposición ‘Luz na terra’ coa que se conmemora o centenario da fundación desta entidade e que poderá visitarse na Cidade da Cultura ata xaneiro de 2024.


Rueda salientou o importante labor daqueles rapaces que hai cen anos sumaron forzas
baixo a tutela inicial de Armando Cotarelo Valledor para proxectar a cultura galega cara a
vangarda europea. O presidente subliñou “o pluralismo e diversidade” desta entidade que
se converteu a principios do século XX nun punto de encontro onde falar, dialogar e
practicar a tolerancia. “Somos fillos desa luz que eles, os precursores do seminario,
acenderon e que aínda hoxe continúa orientándonos neste país tan diferente ao que eles
viviron pero, ao mesmo tempo, tan semellante nos valores culturais máis fondos”,
destacou.


O presidente, que anima a visitar esta exposición para coñecer mellor a historia destes
renovadores da cultura galega, asegurou que a sociedade galega actual bebe do seu
legado. Nesta liña, salientou que a Galicia contemporánea sería “menos rica en cultura,
menos unida e menos forte” de non ter existido o Seminario de Estudos Galegos e por iso
quixo agradecer ao comisario desta mostra, Ramón Villares, por “ser capaz de organizar
unha exposición na que podemos ver que a nosa cultura ten moita forza, vén de moi lonxe
e ten que chegar moi lonxe”.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES