martes, abril 30, 2024
InicioNovas CorporacionsGobernosLuis Menor, novo presidente da Deputación de Ourense

Luis Menor, novo presidente da Deputación de Ourense

- O presidente do PPdeOU presidiu esta tarde a Xunta Directiva Provincial xunto ao presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, e a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado

O PP de Ourense propón a Luis Menor como presidente da Deputación de Ourense. Así o trasladou o presidente do PPdeOU, Manuel Baltar, no marco da Xunta Directiva Provincial celebrada esta tarde na sede provincial ourensá do partido, e que estivo presidida polo líder provincial xunto ao presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, e a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado.


Manuel Baltar definiu na súa intervención a Luis Menor como “un home traballador
e dialogante, cun currículum formidable e que destaca na palabra máxica da
Deputación: a cooperación”.


“Luis Menor ten as cualidades perfectas para liderar o goberno provincial, sendo
perfectamente coñecedor da administración e das oportunidades do territorio”,
sinalou o presidente do PPdeOU, que incidiu na “capacidade de diálogo e xestión”
demostradas por Menor ao fronte da Dirección Xeral de Emerxencias ou, dende
2019, na Alcaldía do Pereiro de Aguiar, “revalidada o pasado 28 de maio cunha
abrumadora maioría que fala do bo traballo desenvolvido a prol dos seus veciños”.
Rueda reivindica a unidade como elemento diferenciador do proxecto
popular e destaca: “Mentres o PP sexa de Ourense, tamén o será de Galicia”

Pola súa banda, o presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, agradecendo a
xenerosidade de Manuel Baltar na súa decisión de dar un paso ao carón, pediu
para Luis Menor o mesmo apoio, a mesma unidade e a mesma xenerosidade á
fronte da Deputación que o PP de Ourense demostrou nestes anos.


Reivindicou a unidade como un elemento diferenciador do proxecto popular fronte
a outras formacións políticas, remarcando que os proxectos unidos sempre teñen
vantaxe sobre os que airean as súas discrepancias. Ao que engadiu que “mentres
o Partido Popular sexa de Ourense, tamén o será de Galicia” e que “ambas cousas
van unidas e sempre o estarán”, porque este é o partido que máis se parece e
mellor defende ambas realidades.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES