miércoles, mayo 1, 2024
InicioNewsA RaiaA salvo a tripulación do pesqueiro de Ribeira afundido nos Azores

A salvo a tripulación do pesqueiro de Ribeira afundido nos Azores

Foi rescatada en bo estado a tripulación do pesqueiro Lajes do Pico, de armadora de Ribeira e bandeira lusa, que afundiu en augas das illas Azores.

Os mariñeiros conseguiron lanzar as balsas salvavidas e porse a salvo ata que foron auxiliados por outro pesqueiro que navegaba pola zona, o Algamar, tamén con bandeira de Portugal.

O Lajes do Pico é un pesqueiro do palangre construído en 1999 e ten unha eslora de 30 metros. A súa tripulación atópase noutro barco rumbo a terra.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES