viernes, mayo 10, 2024
InicioNewsNovas CorporacionsO PSOE negociará con Jácome para sacar a Baltar da Deputación

O PSOE negociará con Jácome para sacar a Baltar da Deputación

O PSdeG de Ourense decidiu na súa executiva provincial iniciar conversacións co alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, para buscar un acordo que lles permita desbancar ao PP de Baltar da deputación que levan gobernando desde fai máis de tres décadas.

A decisión foi adoptada durante a executiva provincial que os socialistas celebraron este martes en Ourense. Durante a reunión escoitouse a voz de varios alcaldes; a maioría é favorable ao entendemento con Jácome, fronte a manter máis tempo a saga Baltar.


O acordo adoptado polos socialistas rubricouse nun texto que di así: “A Comisión Executiva Provincial quere manifestar que estamos ante unha obrigación histórica: o apoio por decisión unánime ao comezo das negociacións coa finalidade de propiciar un goberno de cambio na Deputación Provincial e que apoia ao seu secretario xeral como interlocutor natural das negociacións”.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES