lunes, abril 29, 2024
InicioComarcasLouriñaO Concello do Porriño planta un cento de árbores

O Concello do Porriño planta un cento de árbores

Os traballos comezaron repoñendo as árbores do Parque do Cristo e contemplan tamén a retirada de 47 tocos

A Concellería de Parques, Xardíns e Limpeza, que dirixe José Carlos González, comezou xa os traballos de replantación do arboredo do casco urbano e Torneiros.
En total serán un centenar de exemplares os que se plantarán en posicións onde non se repuxeran, seleccionando a tal fin árbores de boa calidade acaídas para o marco de plantación como tilos, camelios e magnolios, entre outros. O Concello procede tamén á retirada de 47 tocos, con medios mecánicos e manuais, e posterior traslado destes restos vexetais cun xestor autorizado.
“Os traballos comezaron no Parque do Cristo, onde se retiraron os restos das 18 árbores danadas (tocos de aproximadamente 50/70 centímetros de diámetro) e se replantaron 17 novas árbores, concretamente 14 na contorna da Capela e tres na zona do parque infantil”, explicou o concelleiro. “Continuaremos repoñendo 4 árbores na rúa Domingo Bueno, 4 na rúa Foz, 6 en Xogo da Ola, 3 na Avenida de Galicia, 4 na rúa Cruceiro, 2 na rúa Pinar, 3 no Cristo dos Cachos, 1 na contorna dos Xulgados, 1 na rúa Codesal, 3 na contorna da ponte do Valo, 25 no velódromo municipal e 17 na Fase III de Torneiros”.
“As árbores deterioradas deixan o seu lugar a novos exemplares que devolverán á zona urbana do Porriño ese verde que precisa”, afirmou o alcalde, Alejandro Lorenzo. “Substituiranse aquelas árbores que, por diversas circunstancias, sufriron danos e non se atopan en bo estado e tamén plantando en novas localizacións. Traballamos co obxectivo de dotar ao Porriño de máis zonas verdes, non só levando a cabo esta reposición, senón creando novos espazos que sirvan de pulmón desta contorna urbana”.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES