sábado, abril 27, 2024
InicioComarcasLouriñaMáis dun cento de policías inician no Porriño o Camiño de Santiago

Máis dun cento de policías inician no Porriño o Camiño de Santiago

É o alumnado da décimo cuarta promoción de Policías Locais da Academia Galega de Seguridade Pública.

Acompañados por profesorado e pola Xefa de Estudos da AGASP, Mónica Castro, completan o seu plan formativo con esta actividade.
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e o Inspector Xefe da Policía Local, Daniel Rodríguez, desexaron aos peregrinos/as un bo camiño. “É un pracer tervos hoxe no Porriño, o mellor punto de inicio para unha experiencia como a que ides a vivir, que de seguro lembraredes sempre”, apuntou o rexedor. “Agardo que a desfrutedes ao máximo e que á volta, cando vos incorporedes como policías locais nos vosos respectivos concellos, sigades desfrutando e amando o voso traballo”.
Axentes da Policía Local do Porriño encargáronse de selar as credenciais que, unha vez completadas todas as etapas, darán paso á obtención da “Compostela” que acredita que completaron o Camiño coa súa chegada á Catedral de Santiago.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES