lunes, abril 29, 2024
InicioComarcasLouriñaO Porriño xa ten sobremesa de Nadal

O Porriño xa ten sobremesa de Nadal

O reno de Nadal de Noelia Gómez gaña o I Concurso de sobremesas de Nadal. En segundo posto quedou a tarta de queixo ao turrón de Susana Cabaleiro e no terceiro a tarta de turrón de Rebeca Alonso

O Porriño buscaba este ano a mellor sobremesa de Nadal e atopouna! O reno de “navideño” elaborado por Noelia Gómez resultou gañador da primeira edición do I Concurso de Sobremesas de Nadal organizado polo Concello do Porriño. En segundo lugar quedou a tarta de queixo ao turrón de Susana Cabaleiro e no terceiro a tarta de turrón de Rebeca Alonso.
O xurado presidido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, e composto por José Manuel Fernández (AHOSPOR), Noelia Conde (ACIPOR), David Sobral (AE Porriño), José Manuel Fernández (Asociación de Panadeiros do Porriño) e o concelleiro de Cultura, Bienvenido Estévez, tivo que elixir entre as seis preparacións que se presentaron, “todas elas de elevado nivel o que fixo que o podio estivera moi axustado”.
Valorouse o sabor, a elaboración, a complexidade da receita, os ingredientes utilizados, a orixinalidade e a creatividade da presentación.
As gañadoras recibiron unha tarxeta-regalo para comprar no comercio e hostalería do Porriño por importe de 250 euros o primeiro posto, 150 euros o segundo e 100 euros o terceiro.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES