jueves, mayo 16, 2024
InicioComarcasO CondadoA Xunta licita por 1,5 millóns de euros o servizo de auga...

A Xunta licita por 1,5 millóns de euros o servizo de auga na Plisan

A adxudicataria encargarase do mantemento dos servizos xerais de subministro de auga, e evacuación e tratamento de residuais durante un período de dous anos.

A Xunta de Galicia vén de licitar o contrato para o servizo de explotación, conservación e mantemento dos servizos xerais relacionados coa auga na plataforma loxística e industrial de Salvaterra-As Neves (Plisan) por un importe de 1.496.614,27 euros, IVE incluído.

O contrato consiste na explotación e xestión integral dos servizos xerais relacionados coa auga na Plisan, incluíndo todos os aspectos organizativos, técnicos, administrativos e de xestión que se indican no prego de licitación, entre os que se atopan o mantemento, conservación, vixilancia, control, reparación e reposición das infraestruturas xerais de subministro de auga potable e evacuación e tratamento de augas residuais.

A empresa adxudicataria tamén se encargará da vixilancia e control da calidade da auga, tanto no caso da de abastecemento como das augas residuais. Así mesmo, controlará os volumes de auga vertida ás redes por parte dos usuarios da Plisan, vixiando o cumprimento da normativa en materia de vertidos. E controlará os volumes de auga de abastecemento captada, tratada e distribuída, procurando o mellor aproveitamento dos recursos hidráulicos evitando e reparando as posibles fugas que se presenten.

O contrato inclúe tamén a xestión da estación de tratamento de auga potable (ETAP) e da depuradora de augas residuais (EDAR) Con esta licitación garantirase que as parcelas da Plisan dispoñan do necesario subministro de auga e dos servizos de evacuación e depuración de augas residuais durante os dous anos da súa duración.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES