sábado, diciembre 14, 2024
InicioComarcasLouriñaMos presenta coas súas rondallas a programación de Nadal

Mos presenta coas súas rondallas a programación de Nadal

A inauguración será o domingo co acto de acendido do alumeado nas Angustias

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Cultura, Sara Cebreiro, presentaron a programación cultural deste Nadal 2022-2023 no municipio, nas Angustias, xunto con representantes das catro rondallas de Mos: Asociación Club Rondalla Santiaguiño de Guizán, Rondalla do Círculo Recreativo e Cultural de Torroso, Rondalla da Asociación Cultural e Social de Herville e Rondalla do Círculo Cultural e Deportivo Sta. Eulalia de Mos.
A programación de nadal do Concello de Mos comezará o vindeiro domingo 4 de decembro co acendido do alumeado. Dende as 11:00 horas, na rotonda das Angustias, Sanguiñeda haberá un mercadiño de artesanía, animación infantil e de rúa e ás 18.00 horas concerto de A Banda da Balbina co acendido do alumeado e fin de festa con chocolate con rosca para tod@s.

O sábado 10 haberá un espectáculo de maxia familiar con Cayetano Yedró, “Le Cirque” ás 18.00 horas no Auditorio de Guizán.
O domingo 11, concerto “O camiño das vieiras amarelas” a cargo de Antonio Barros & Ialma ás 18.30 horas no Auditorio de Torroso.
O sábado 17 celebrarase o concerto de nadal ás 19.00 horas de novo no Auditorio de Guizán.

Os días 10, 11, 17 e 18 de decembro, concerto de panxoliñas nas igrexas de Mos. O sábado 10 ás 19.00 horas na Igrexa de Pereiras: Coral polifónica Ventos do Val. O domingo 11 ás 11.00 horas na AVV de Dornelas o grupo Amieiro de Chan do Bosque, ás 11.00 horas na Igrexa de Guizán o grupo de cámara da Escola de Música de Mos e ás 13:00 h en Louredo tamén o grupo de cámara da Escola de Música de Mos. O sábado 17 ás 18.00 horas na Igrexa de Santa Baia de Mos estará o coro galego Abrente. O domingo 18 ás 10.00 horas na Igrexa de Sanguiñeda a coral polifónica Santa Eulalia de Mos, ás 11.00 horas na Igrexa de Cela o grupo de cámara de música de Torroso, ás 11.00 horas na Igrexa de Torroso a coral O Son dos Cantares, ás 12.00 horas na Igrexa de Tameiga o coro infantil Sete Estrelo e ás 12.00 horas na Igrexa de Petelos a coral polifónica Santa Eulalia de Mos.

O 18 de decembro será o Certame de rondallas ás 17.00 horas na Avenida de Puxeiros, Tameiga, coa participación da asociación club rondalla Santiaguiño de Guizán, a rondalla de Pontellas (Porriño), a rondalla do círculo recreativo e cultural de Torroso, a rondalla Santa Eulalia de Atios (Porriño), a rondalla da asociación cultural e social de Herville e a rondalla do círculo cultural e deportivo Santa Baia de Mos.

O venres 30 de decembro chegará a festa pre fin de ano desde as 23.00 horas no Pazo de Mos. Ás 24.00h badaladas con uvas e cotillón coa orquestra El combo dominicano, dj Samu Pexe e dj Groove Amigos.

A tradicional cabalgata de Reis será o xoves 5 de xaneiro a partir das 17.00 horas pola Avenida de Sanguiñeda.

O campamento de Nadal para escolares será os días: 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro e 2, 3 e 4 de xaneiro en horario de 09.00 a 14.30 horas e con aula matinal de 08.00 a 09.00 horas. Realizarase no CEIP de Petelos e o prazo de inscrición estará aberto ata o15 de decembro.

O concurso de postais de Nadal terá como lugar de entrega a Biblioteca Municipal. As categorías son: categoría i: de 3 a 5 anos, categoría ii: de 6 a 8 anos, categoría iii: de 9 a 12 anos. Entrarán en concurso todas as postais entregadas ata o 23 de decembro de 2022 na Biblioteca Municipal en horario de luns a venres, de 10.00 a 21:00 horas. A exposición será do 26 de decembro ao 1 de xaneiro na biblioteca do Pazo de Mos. A entrega de premios será o 2 de xaneiro ás 12.00 horas coa visita do apalpador no auditorio do Multiusos.

Beléns

O belén de Herville (na Asociación Cultural) inaugurarase o 8 de decembro ás 18.30 horas e poderá visitarse ata o 16 de xaneiro en horario de luns a venres de 15.00 a 17.00 e de 19.00 a 23.30 horas, os sábados de 15.00 a 23.00 horas, os domingos de 11.30 a 13.30 e de 15.00 a 21.30 horas; Noiteboa, Ano Vello e véspera de Reis de 15.00 a 21.00 horas, Nadal e día de Reis de 17.00 a 21.30 horas e con horarios especiais para grupos, chamando ao número de teléfono 638143080.

O belén do Pazo de Mos (punto solidario de recollida de alimentos) estará aberto ao público ata o 7 de xaneiro. Horario de luns a venres de 17.00 a 20.00 horas; sábados, domingos e festivos de 10.00 a 14.00 e 17.00 a 20.00 horas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS