viernes, mayo 17, 2024
InicioNewsO PaísO Estado velará polos bens do Pazo de Meirás cautelarmente

O Estado velará polos bens do Pazo de Meirás cautelarmente

Os bens do Pazo de Meirás que reclama a familia do ditador Francisco Franco permanecerán no edificio histórico e baixo a custodia do Estado ata que termine o preito como medida cautelar.

Determinouno  o Xulgado de Primeira Instancia número 70 de Madrid e é unha medida cautelar solicitada pola Administración Xeral do Estado e o Consello de Administración do Patrimonio Nacional para velar por eses 564 bens.

Decenas de obras de arte, cartas, documentación, texto históricos e mobiliario que a familia do ditador pedira quedar unha vez que o Pazo pasase a ser de titularidade pública.

Ata que termine o proceso xudicial estarán baixo custodia do Estado.

O xulgado resolvera en xullo de 2022 que os obxectos «inherentes á propiedade» como as pezas do xardín, mobles, estruturas ancoradas… debían permanecer tamén no edificio. Agora, o preito de Madrid refírese ao resto de obxectos que non estaban recollidos na resolución do xulgado galego e que foi exposto por Patrimonio Nacional.

A Avogacía do Estado pedía esta medida cautelar para garantir a súa conservación e protección, así como a integridade dos intereses históricos e artísticos a eles vinculados, polo lugar onde se atopan. Petición á que se sumou a Xunta e o Concello de Sada.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES