sábado, abril 27, 2024
InicioNewsO PaísMaersk fabricará metanol verde en Galicia e Andalucía

Maersk fabricará metanol verde en Galicia e Andalucía

O xigante do transporte marítimo danés Maersk producirá metanol verde en dúas prantas en España; unha en Galicia e outra en Andalucía.

 Maersk e o Goberno de España asinaron un protocolo de colaboración para explorar as oportunidades de produción de combustibles verdes para o transporte marítimo a gran escala. 

Será preciso un investimento, xunto a socios privados nacionais e internacionais, da contorna de 10.000 millóns de euros.

Un fito importante na colaboración que, de levarse a cabo na súa totalidade, podería producir até dous millóns de toneladas de combustibles verdes ao ano, segundo Maersk.

Segundo Moncloa, Galicia e Andalucía «reunirían as condicións para acoller dúas plantas para a produción de combustibles verdes, segundo os traballos da naviera».

O proxecto «ten un potencial estimado de xerar até uns 85.000 postos de traballo, incluíndo a construción e os postos temporais».

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES