miércoles, mayo 22, 2024
InicioComarcasLouriñaO tecido empresarial mosense expón as claves da inserción laboral

O tecido empresarial mosense expón as claves da inserción laboral

Asistiron os 60 participantes no Programa Integrado de Emprego

Celebrouse en Mos, este xoves 6 de outubro, a Mesa Sectorial: GPS O Emprego da man do tecido empresarial de Mos e contando coa asistencia e participación da alcaldesa Nidia Arévalo e da Concelleira de Promoción Económica, Desenvolvemento Empresarial e Emprego, Julia Loureiro, en horario de 10.00 a 12.30 hroas no espazo colaborador Zen Suite Garden.

Contouse coa colaboración de Tania Herbojo, técnica de selección de Vegalsa Eroski; Sandra Lalín, responsable de Recursos Humanos de ILUNION; Camilo González, Coordinador de Formación e Xestión de Calidade do Grupo Lar; Carlos Casal, HR Manager de Benteler e Lucía Alonso como CEO da Quinta de Rivas.

Estes e estas profesionais compartiron con 60 participantes, integrantes do Programa Integrado de Emprego e demais interesados/as, as claves dos seus procesos de selección, os diferentes perfís profesionais que buscan e os requisitos e actitudes valoradas dende a perspectiva dos propios técnicos e técnicas de selección para, deste xeito, poder acadar con éxito a inserción laboral.

Para cerrar o evento, realizouse un “Cofee-break” participativo onde todas as persoas tiveron a oportunidade de compartir os seus intereses e motivacións profesionais co persoal integrante da mesa sectorial.

A iniciativa atópase incluída no Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos e foi guiada pola directora do mesmo, Cecilia Prieto.

Agradécese a colaboración e participación activa de todas as persoas asistentes

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES