viernes, junio 9, 2023
Google search engine
InicioNewsO PaísSae da UCI a muller de Carballo agredida pola súa parella

Sae da UCI a muller de Carballo agredida pola súa parella

Despois de 9 días, a veciña de Carballo, de 43 anos, que foi gravemente agredida pola súa parella de madrugada, saiu este martes da UCI e foi trasladada a planta logo de pasar 9 días na Unidade de Coidados Intensivos. 

 A muller de 43 anos agredida o 30 de maio supostamente pola súa parella en Carballo evoluciona favorablemente e pasou a planta despois de permanecer nove días na UCI.

Fontes sanitarias apuntaron que a muller agredida «evoluciona favorablemente» e está ingresada en planta no Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (CHUAC).

O Xulgado de Instrución número 1 de Carballo decretou o pasado 1 de xuño o ingreso en prisión, comunicada e sen fianza, para a parella da agredida. O home foi detido tras entregarse á Garda Civil despois de fuxir do lugar dos feitos. Permanece investigado por homicidio en grao de tentativa, sen prexuízo de posteriores cualificacións conforme avance a instrución do caso.

A xuíza titular do Xulgado de Instrución número 1 de Carballo, que é o competente para asuntos de violencia sobre a muller no partido xudicial, tamén acordou unha orde de protección para a vítima e para os fillos da parella, o que implica que o home non pode aproximarse nin comunicarse con eles.

A maxistrada suspendeulle o exercicio da patria potestade e a custodia dos menores, que será asumida en exclusiva pola nai.

Os feitos polos que se lle investiga sucederon sobre as 2:45 horas do pasado 30 de maio no lugar de Fonte Caldeira, no municipio de Carballo, onde unha testemuña atopou á muller na rúa tras ser agredida e alertou á Garda Civil.

Despois dunha primeira asistencia no lugar, trasladou a muller ferida ao CHUAC.

Pola súa banda, os dous fillos menores de idade da parella permanecen baixo custodia dun familiar directo da vítima.

ARTIGOS RELACIONADOS

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

- Advertisment -
Google search engine

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES