viernes, marzo 29, 2024
InicioComarcasLouriñaO Concello mellora as beirarrúas da estrada Torneiros-Mosende polo risco que supoñen

O Concello mellora as beirarrúas da estrada Torneiros-Mosende polo risco que supoñen

Ante a inacción da Deputación de Pontevedra, titular da vía, a administración local comezou a executar os traballos de reparación con medios propios.

Persoal municipal comezou esta semana a desenvolver os traballos de reparación e mellora das beirarrúas da EP- 2401, que une a parroquia de Torneiros con Mosende.

O estado no que se atopa dende hai anos esta estrada provincial supón un grave risco para peóns e vehículos. Baldosas levantadas, estreitamentos, afundimentos, barreiras arquitectónicas e maleza que invade as beirarrúas fan que esta transitada vía sexa en moitos puntos intransitable. En moitos puntos, os peóns que utilizan estas beirarrúas, teñen que baixar á calzada para poder continuar o seu percorrido, co risco que isto supón para eles e para os vehículos.

Tras requirirse en múltiples ocasións ao ente provincial a urxencia de resolver este problema e acondicionar esta vía sen obter solución algunha, o Concello do Porriño acordou comezar a acometer estes traballos con persoal e medios propios.

“O estado de deterioro no que se atopa require unha intervención urxente”, apuntou o alcalde, Alejandro Lorenzo. “Falamos dunha cuestión de seguridade cuxa solución non se pode dilatar no tempo. Centos de persoas utilizan estas beirarrúas a diario expoñéndose a un risco real e o Concello vai actuar”.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES