viernes, abril 26, 2024
InicioNewsO PaísO PPdeG ratifica a Rueda como líder dos populares co 97,2% dos...

O PPdeG ratifica a Rueda como líder dos populares co 97,2% dos votos

O novo presidente do PP en Galicia pediu un grupo «unido» e aseverou que «conta con todos para seguir sendo unha excepción de estabilidade, responsabilidade, unidade e sentidiño».

 

Alfonso Rueda pediu unidade e os presidentes provinciais responderon. Os líderes da Coruña, Ourense e Lugo -Diego Calvo, Manuel Baltar e Elena Candia- comprometeron este domingo, no 18º Congreso, o apoio e colaboración para conseguir unha quinta maioría absoluta do Partido Popular en Galicia. Un PPdeG que segundo explicou Baltar ha de ser «centrista, reformista, galeguista, municipalista e europeista». Iso si, «co estilo Rueda».

O que ata agora foi o presidente provincial en Pontevedra, Alfonso Rueda, toma agora os mandos do PP a nivel autónomico logo de conseguir o 97,2% dos votos a favor. Alberto Núñez Feijóo conseguira ao 98,3% no anterior congreso que se celebrou en xullo do 2021. Ao repecto, Núñez Feijóo aseverou que «non hai nin tutelas nin tutías», en referencia á frase do seu predecesor Manuel Fraga, co obxectivo de salientar que é agora Rueda o único líder dos populares galegos e, por tanto, quen tome as decisións.

No seu primeiro discurso como presidente do PPdeG, Alfonso Rueda afirmou que «os mellores tempos para Galicia aínda non foron chegados» porque, segundo dixo, «pode reforzar o seu liderado na industria téxtil, conserveira, na automoción ou no sector forestal» así como «brillar cada vez máis en sectores emerxentes, como o aeroespacial, o biotecnolóxico ou o das TIC», entre outras cuestións. Fixo referencia Rueda, de igual xeito, «a avanzar na mellora do seu sistema sanitario público, a ser un referente nacional en políticas de conciliación e a atraer a moitos máis turistas».

Insistiu na idea de «traballo, familia e futuro» polo que, neste contexto, explicou que o seu labor «non estará completo mentres haxa un só galego que queira traballar e non poida». Mención especial realizou o novo presidente popular en Galicia á xuventude e prometeu unha comunidade na que «a xente nova teña cada vez máis e mellores oportuniddes porque con compromiso, con enerxía e con talento están a demostrar cada día que as merecen».

Alfonso Rueda tivo palabras de agradecemento ao líder do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, de quen dixo que foi «o mellor mestre, o mellor referente e o mellor Presidente». Neste punto, asegurou que Galicia «non lle vai fallar» e marcouse como unha das metas do seu mandato levar a Núñez Feijóo ata a Moncloa.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES