viernes, junio 2, 2023
Google search engine
InicioNewsO PaísGalicia urxe ós concellos un "uso eficiente da auga" contra a seca

Galicia urxe ós concellos un «uso eficiente da auga» contra a seca

A conselleira de Infraestruturas, Ethe Vázquez alerta á cidadanía e aos concellos galegos da necesidade de concienciar sobre o consumo responsable da auga ante unha situación de “seca prolongada” pola falta de chuvias e para evitar problemas nos meses de verán.

Regar, encher a piscina, lavar o coche… son xestos cotiás que debemos facer con sentido común para evitar que agosto e setembro sexan «preocupantes».

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, presentou hoxe o Plan Hidrolóxico de Galicia-Costa 2021-2027 como unha folla de ruta con rango de lei para lograr que o 100% das masas de auga da conca acaden o bo estado.

Vázquez Mourelle, xunto coa directora e o xerente de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez e Gonzalo Mosqueira, respectivamente, lembrou que o Plan Hidrolóxico-Galicia Costa 2021-2027 ten moi en conta a necesidade de adaptar a xestión da auga ao novo contexto climático, tanto a situacións de seca como a episodios de inundacións.

A súa tramitación autonómica culminou onte co visto e prace onte do Consello da Xunta, de forma que Galicia se converte en pioneira, xunto con Baleares, ao aprobar o seu plan de conca, sendo, ademais, a primeira Comunidade Autónoma en facelo con avaliación ambiental estratéxica.

Avanzou que agora o plan será remitido ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico para que, logo do informe preceptivo do Consello Nacional da Auga, sexa ratificado polo Consello de Ministros mediante Real Decreto, para a súa entrada en vigor.

Explicou que este instrumento para os vindeiros 6 anos permitirá velar pola calidade de todos os ríos que nacen e morren na comunidade, das augas costeiras asociadas e das augas de transición.

A conselleira salientou a súa importancia para o conxunto da sociedade, xa que o plan abrangue unha superficie de 16.294 km², case 13.000 km² continentais, que supoñen o 44% do territorio galego, no que residen máis de 2 millóns de habitantes, é dicir, 3 cuartas partes da poboación de Galicia.

Novidades

A conselleira abordou as novidades normativas para a preservación das masas de auga, como a limitación de plantacións en zonas de servidume do dominio público hidráulico e de traballos que supoñan o deterioro dos ecosistemas dos ríos, fomentando a vexetación de ribeira.

Adiantou que se darán facilidades aos cidadáns para realizar plantacións, sementas ou traballos de mantemento en zona de policía pero fóra de servidume, labores que poderán facerse sen autorización de Augas de Galicia.

O plan tamén contempla unha maior protección das masas da auga cunha mellor xestión dos xurros, establecendo a obrigatoriedade de impermeabilizar o seu almacenamento e cubrilos axeitadamente, para evitar posibles vertidos ao medio.

Como novidade normativa, sinalou que cando hai varias solicitudes de uso, a concesión sería outorgada primeiro para abastecemento á poboación e logo estaría a transición enerxética xusta, como poderían ser proxectos afectados por peches de centrais térmicas como As Pontes e Meirama.

En canto aos caudais ecolóxicos, incorpóranse diversas previsións para contribuír a clarificar a súa aplicación así como o control do seu cumprimento, pois estes caudais son de aplicación directa e inmediata e, polo tanto, de obrigado cumprimento.

Tamén chamou á suma de esforzos de administracións e da cidadanía para facer un uso da auga sostible e eficiente, prohibindo o seu despilfarro. A este respecto, promoveranse campañas de sensibilización social coa finalidade de evitar malgastar a auga e de fomentar sistemas máis eficientes que permitan o aforro.

Estableceranse, ademais, medidas contra o uso abusivo da auga, esenciais en contextos como o actual, en situación de prealerta por seca na demarcación Galica-Costa. A Xunta xa se dirixiu aos concellos galegos para pedir a súa implicación na adopción de medidas de aforro da auga e de concienciación cidadá.

Neste sentido, Ethel Vázquez lembrou medidas a ter en conta como reducir as regas de xardíns, revisar as instalacións para evitar perdas, facer un uso responsable no enchido das piscinas ou no lavado de coches.

ARTIGOS RELACIONADOS

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

- Advertisment -
Google search engine

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES