viernes, abril 26, 2024
InicioComarcasLouriñaCans levanta o pano o Día das Letras Galegas

Cans levanta o pano o Día das Letras Galegas

O festival súmase á celebración do 17 de maio cunha xornada especial de cinema e arquitectura feitos en Galicia

«Malencolía» é a nova longametraxe do director compostelán Alfonso Zarauza, un dos máis fieis participantes deste festival. Na edición do 2021 presentaba este proxecto en Fillxs de Cans, e estará este martes 17 ás 17.30 horas na proxección no Centro Cultural do Porriño. Nese mesmo espazo, ás 20.00 horas, terá lugar a inauguración da exposición «Entre Cans e Venecia», dos arquitectos coruñeses Juan Creus e Covadonga Carrasco, que inauguran a montaxe exposta na famosa Bienal de Venecia.

Últimas entradas á venda

Quedan menos de 25 localidades dispoñibles para asistir aos pases matinais da sección oficial de ficción e animación, que xa colgaron o cartel de completo na sesión de tarde. Están tamén á venda as últimas entradas para visionar a selección a concurso de Furacáns, a categoría de curtas de non ficción. Poden adquirirse na tenda en liña do festival, que pecha a venda a través da Internet este martes 17 pola noite.

Para vivir a experiencia do Invernadoiro, e tras esgotarse as entradas da proxección do documental de Óscar Vilanova sobre Litus e a actuación deste con Pablo Novoa, quedan xa moi poucas dispoñibles para asistir á retrospectiva audiovisual e performance musical de Javi Álvarez, do dúo Fluzo, que actuará o día grande do festival de Cans nese espazo tan singular.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES