martes, junio 6, 2023
Google search engine
InicioComarcasLouriñaTres equipos femininos da UD Mos quedan campións de liga

Tres equipos femininos da UD Mos quedan campións de liga

Outro logra un 5º posto e outro a permanencia en 1ª Nacional do grupo Senior.

As 116 xogadoras dos 5 equipos da U.D. Mos Feminino foron recibidas no multiusos das Pozas polos excelentes resultados acadados nesta tempada.
O acto estivo presentado por Cristian Taibo, Director Deportivo da U.D. Mos, e contou coas intervencións dunha xogadora das categorías inferiores, Claudia Rodríguez Campo; da nai dunha xogadora, Mercedes Jorge; dun dos adestradores do U.D. Mos Feminino, Telmo González e a participación das veteranas deportistas de elite, a alpinista, atleta e corredora de trails Verónica Romero e Soledad Castro, atleta Medalla ao Mérito do Concello de Mos e cun pavillón municipal, o de Pena de Francia, co seu nome.
As xogadoras homenaxeadas contaron tamén cun vídeo sorpresa de Vero Boquete. A santiaguesa Verónica Boquete é futbolista centrocampista na Associazione Calcio Firenze Fiorentina da Serie A de Italia. Foi internacional coa selección española, da cal chegou a ser capitá. Desde febreiro de 2015 é embaixadora da UEFA para o desenvolvemento do fútbol feminino, e desde 2017 forma parte da comunidade de futbolistas CommonGoal, iniciativa que loita a favor da reintegración social da infancia.
Tamén lles dedicaron unhas palabras ás galardoadas Pablo Serodio, presidente Unión Deportiva Mos; Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos e Susana López Abella, secretaria Xeral da Igualdade, que pechou o acto. Estiveron presentes ademais Fernando Iglesias, vicepresidente Real Federación Galega de Fútbol e Daniel Benavides, xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia en Pontevedra.

Pablo Serodio e Nidia Arévalo:

Susana López Abella:

O UD Mos Feminino vén de despuntar na presente tempada, logrando estas excepcionais xogadoras erixirse campioas en 3 das 5 ligas na que participaron e lograr a permanencia en Primeira Nacional.
Foron campioas da Liga Galega Infantil, campioas da Liga Galega Promesa, o UD Mos Feminino B foi campión de Segunda Autonómica Feminina, as cadetes foron quintas clasificadas na Liga Galega Cadete e o UD Mos Feminino Senior, logrou o 10º posto en Primeira Nacional Feminina, asegurando a permanencia.

ARTIGOS RELACIONADOS

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

- Advertisment -
Google search engine

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES