viernes, abril 26, 2024
InicioComarcasO CondadoUn gran xogo en Salvaterra polas Letras Galegas

Un gran xogo en Salvaterra polas Letras Galegas

A actividade realizarase o próximo mércores 18 de maio ás 18:00 horas no recinto Amurallado. 

O Concello de Salvaterra de Miño organiza, a través da Biblioteca Municipal, unha actividade para os máis cativos co fin de conmemorar o Día das Letras Galegas. Este ano adícase a Florencio Delgado. 

Así, a través dun «divertido xogo por equipos», segundo explica a administración local, «as e os participantes coñecerán algo máis sobre a orixe e significado do Día das Letras Galegas e os autores e as autoras que se homenaxearon ata o momento, ao tempo que descubrirán interesantes datos sobre a vida e obra de Florencio Delgado». 

A actividade realizarase o próximo mércores 18 de maio ás 18.00 horas no recinto Amurallado. Para participar recomendase inscribirse no teléfono 637 108 343 ou no correo biblioteca@concellodesalvaterra.org

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES