jueves, marzo 28, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoConsolídase o crecemento nos visitantes a Tui

Consolídase o crecemento nos visitantes a Tui

En abril recibíronse 2.900 consultas na Oficina Municipal de Turismo. 

 

Ata 2.854 persoas se achegaron en abril á nova Oficina Municipal de Turismo do Concello de Tui, situada no céntrico Paseo da Corredoira. Ao longo do mes esta Oficina atendeu  a un total de 2.087 turistas, deles 154 de procedencia estranxeira e 1.933 de procedencia española. Xunto a eles un total de 767 peregrinos, 354 procedentes doutros países e 413 de orixe española. Compleméntanse estes datos cos ofrecidos pola Oficina do Peregrino da catedral de Santiago de Compostela, que recollen que un total de  2.665 peregrinos iniciaron o seu Camiño de Santiago na nosa cidade, consolidando a Tui como terceiro lugar de inicio da peregrinación a Compostela, logo de Sarria e a moi pouca distancia de Porto (con 2774). Sumando os peregrinos que inician a súa ruta xacobea en Valença (1.380) a Eurocidade Tui – Valença é o segundo lugar de inicio da peregrinación polos diferentes Camiños de Santiago.

Cabe resaltar como o Camiño Portugués con 8.598 peregrinos é o segundo itinerario elixido polos peregrinos logo do Camiño Francés (con 18.330) e a moita distancia do Camiño Inglés (1763 peregrinos) ou o Camiño Portugués da Costa (1.686 peregrinos).

Para o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González, consolídase a tendencia que se recolleu nas estatísticas de visitantes na pasada Semana Santa con 1.436 consultas nesta Oficina Municipal de Turismo (entre o venres 8 e o domingo 17 de abril). As cifras pois recollen unha tendencia crecente no número de visitantes á nosa cidade, atraídos polos recursos de interese patrimonial e turístico que oferta o núcleo tudense, un continxente de visitantes que dinamiza o tecido socio-económico do noso municipio.

A maioría dos visitantes proceden de Madrid

Do desglose dos datos, podemos recoller que a maioría dos visitantes á nosa cidade proceden de Madrid (366),  Burgos (70), Biscaia (61)   Cantabria (49), Barcelona (39), Valladolid (35), Asturias (27), sen esquecer aos visitantes de proximidade procedentes de Pontevedra (271), A Coruña (193) ou Ourense (53). Pola súa banda, os visitantes de orixe estranxeira teñen a súa orixe en Portugal (52), Croacia (25), Arxentina (24), Eslovenia (15), Alemaña (10)….

No caso do peregrinos tamén é a Comunidade de Madrid a que aporta máis, con 99 peregrinos, seguida de Pontevedra (63), Sevilla (33), Barcelona (27), Málaga (16), Navarra (16), Alacante (15),Murcia (13), Xaén (12), Las Palmas (11)…..

No que atinxe aos peregrinos estranxeiros os datos da Oficina Municipal de Turismo recollen estas procedencias: Portugal (68), Alemaña (62), Italia (47),Reino Unido (24),Francia (20), Bélxica (16),Corea (11), Brasil (10), Países Baixos (8)…

Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, estima que estes datos positivos expresan as posibilidades de desenvolvemento e crecemento do sector turístico tudense, un labor no que o Concello de Tui amosa o seu compromiso promovendo nos últimos meses importantes actuacións (apertura da nova Oficina de Turismo, proxecto Río Miño navegable coas viaxes turísticas no río Miño, presenza en feiras como a BTL de Lisboa, etc.) para mellorar a oferta de Tui. Unhas actuacións nas que o Concello procura tamén a implicación e complicidade da sector privado para dotar de maior atractivo e calidade a visita á nosa cidade.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES