jueves, abril 18, 2024
InicioComarcasLouriñaI Mostra de Educación e Formación en Mos

I Mostra de Educación e Formación en Mos

Será os días 4 e 5 de maio no pavillón municipal Óscar Pereiro, en horario de 09.30 a 14.00 e de 16.30 a 19.00 horas.

Logo da implicación acadada dende os centros de ensino, entidades formativas e institucións públicas, o Concello de Mos, a través da Concellería de Educación e Promoción Económica, Desenvolvemento Empresarial e Emprego desenvolve a I Mostra de Educación e Formación Formamos, cunha cita os vindeiros días 4 e 5 de maio, no Pavillón Municipal Óscar Pereiro e nun espazo anexo exterior.
Preténdese artellar un escaparate formativo que permite asistir a demostracións en vivo, encontros con profesionais ou recadar información especializada do sector.
Unha oportunidade para conectar e coñecer de primeira man as posibilidades educativas presentes en Galicia, Navarra e Madrid.
A responsable de área, Julia Loureiro Campo, explica que, “co comezo do período de matriculación do alumnado de Bacharelato en universidades, ciclos formativos, academias ou corpos de seguridade, etc. a iniciativa pretende dar respostas ás inquedanzas dos estudantes e ás súas familias, así como a toda a veciñanza interesada na procura de saídas profesionais con futuro laboral na contorna próxima”. Deste xeito, tamén ser dará visibilidade ás 40 entidades formativas confirmadas con presenza no ámbito local, provincial, autonómico e nacional.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES