viernes, abril 19, 2024
InicioComarcasLouriñaHostaleiros de Mos celebran hoxe a súa primeira asemblea

Hostaleiros de Mos celebran hoxe a súa primeira asemblea

Está convocado todo o sector, este luns 2 de maio no salón de actos da Axencia de Colocación de Mos en Puxeiros, ás 18.30 horas en primeira convocatoria e ás 19.00 horas en segunda.

Desde a súa constitución a principios deste ano a Asociación de Hostalería mosense, BaRes de Mos celebra a súa primeira Asemblea Xeral, á que convocan a todos os membros do sector hostaleiro mosense para traballar conxuntamente nunha vindeira Feira Local da Hostalería que desde a Asociación están a programar, así como a colaboración e participación na Festa da Rosa o vindeiro mes de xuño.

“É por elo que o luns, día 2 de maio, convidamos a todos os hostaleiros de Mos a asemblea Xeral da Asociación de Hostalería BaRes de Mos no salón de actos da Axencia de Colocación de Mos en Puxeiros, ás 18.30 horas en primeira convocatoria e ás 19.00 horas en segunda convocatoria”, declaran desde a directiva da Asociación.

O orde do día da Asemblea conta con 5 puntos que son os seguintes: Presentación da asociación dos seus cargos e membros da xunta directiva. Resume do feito e conseguido ata o de agora por parte da asociación. Presentación dos proxectos e intencións da asociación para este ano 2022. Presentación e explicación da Festa BaRes de Mos. Rogos e preguntas.

Desde a directiva tamén destacan a importancia de que “todo proxecto e actividades que se van presentar nesta asemblea por parte da asociación, solo poderán participar os locais asociados á asociación, por iso é importante facerse socio. O propio día da asemblea explicaremos como é o tramite a seguir para pertencer á asociación formalmente”.

Ó remate da reunión os participantes pasarán ao local cedido á Asociación polo Concello no mesmo edificio da Axencia de Colocación.

Para calquera dúbida ou aclaración as persoas interesadas poden consultalas no telefono 615 91 12 77 (Esteban), 628 03 99 88 (Rodri) ou no correo electrónico baremosasociacion@gmail.com

A Asociación de Hostaleiros ‘Bares Mos’ reuniuse o pasado 21 de abril no Concello coa alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Promoción Económica, Desenvolvemento Empresarial e Emprego, Julia Loureiro, e coa edil de Cultura e Turismo, Sara Cebreiro, para constituír unha mesa de traballo conxunta de cara á vindeira Festa da Rosa. De xeito que o mes de xuño sexa un mes dedicado á promoción e potenciación da rosa, a empanada de pan de millo e a hostalería mosense

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES