viernes, marzo 29, 2024
InicioComarcasO CondadoArbo, Crecente, Melgaço, A Cañiza e As Neves firman mañá o protocolo...

Arbo, Crecente, Melgaço, A Cañiza e As Neves firman mañá o protocolo para crear a eurocidade do miño

O acto terá lugar no Salón de Plenos do Concello de Arbo, ás 12:00 horas, coincidindo coa LXII Festa da Lamprea. 

 

Considerando a proximidade xeográfica, as afinidades culturais, históricas e económicas existentes entre os Concelhos de Arbo, Crecente, Melgaço, A Cañiza e As Neves asinan maña un protocolo de cooperación para crear a Eurocidade do Miño. O acto terá lugar no Salón de Plenos do Concello de Arbo, ás 12:00 horas, coincidindo coa LXII Festa da Lamprea.

O Concello de Arbo, considera que «a cooperación transfronteiriza é un dos medios máis eficaces con vista a proximación das poboacións fronteirizas, suprimindo as dificuldades que implican todas as fronteiras, a promoción do desenvolvemento económico, social e cultural destas rexións, e a promoción de amizade e paz, prosseguindo os principios de cidadania europea e dunha Europa máis coesa e sen fronteiras». Neste contexto, aposta por crear a “Eurocidade do Miño” para crear máis lazos de amizade e cooperación entre as poboacións destes concellos e «as comprobadas ganas das partes en colaboraren para o benestar dos seus cidadáns».

Pregón con Sergio Pazos este sábado en Arbo na festa da lamprea

Ás 12:10 horas, terá lugar o concerto a cargo da Banda Municipal de Arbo, na Praza do Consistorio, seguido da recepción de autoridades na Praza do Concello, ás 13:30 o pregón dende o balcón que corre a cargo de Sergio Pazos e o rematar a visita obrigada a Arbomostra que este ano esta situada na Praza do Mercado.

 

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES