viernes, marzo 29, 2024
InicioO PaísA CoruñaRosalía si dará concerto en Galicia: O 29 de xullo na Coruña

Rosalía si dará concerto en Galicia: O 29 de xullo na Coruña

O vindeiro 6 de xullo comeza a xira mundial de Rosalía. A artista catalá dará 46 concertos en 15 países. O primeiro escenario da xira será Almería. En España pasará tamén por Sevilla, Málaga, Valencia, Madrid, Barcelona, Bilbao, A Coruña e Palma de Mallorca. Na Coruña actuará o día 29 de xullo no Coliseo.

As entradas para a súa xira «Motomami World Tour» sairán á venda na súa web este venres 22 de abril ás 10 da mañá.

No continente americano, Rosalía dará concertos en México, O Brasil, A Arxentina, Chile, Colombia, República Dominicana, Porto Rico e O Canadá. En Estados Unidos fará paradas nunha decena de cidades, como Boston, Washington, San Francisco, e Atlanta; con dobre recital no Radio City Music Hall de Nova York e o Youtube Theater de Los Ángeles.

Finalmente, xa nos últimos meses do ano, regresará a Europa, onde percorrerá Portugal, Italia, Alemaña, Países Baixos, Bélxica e Reino Unido ata pechar o percorrido en París, o 18 de decembro.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES