viernes, abril 26, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoTebra coñece a súa historia o domingo 24 de abril

Tebra coñece a súa historia o domingo 24 de abril

xornalista Christian Villaverde estrea na Casa Cultural de Santa María de Tebra O val de Tebra: Os fíos da historia. 

A lenda de Pedro Madruga e a súa relación con Cristovo Colón, a fuxida do líder agrarista Antón Alonso Ríos, a construción dunha das primeiras centrais hidroeléctricas de España son só algúns dos temas que trata a reportaxe multimedia do xornalista Chistian Villaverde: O val de Tebra: os fíos da historia , que percorre a historia do val a través do seu patrimonio material e inmaterial. 

O proxecto, que constitúe o traballo de fin de grado de Villaverde, recibiu a máxima cualificación por parte do tribunal ademais de recibir unha mención especial nos premios de calidade lingüística que cada ano concede a Universidade de Santiago de Compostela. Botando man dos novos formatos e recursos dixitais a través de vídeos, entrevistas, fotografías e un amplo abano de elementos interactivos, o xornalista pretende achegar a historia máis local á veciñanza, “especialmente á xente máis nova, que xeralmente está máis desconectada da súa historia debido á perda da transmisión oral, e que non é consciente da cantidade de historias impresionantes que este val agocha”.

Podes escoitar a entrevista co xornalista aquí:

Unha historia que quedará ao descuberto para o público desde o vindeiro domingo 24 de abril, día no que terá lugar a súa presentación. Será na Casa Cultural de Santa María de Tebra, a entrada será de balde e haberá dous pases, ás 17:00 e ás 19:00 horas. Aínda que non é preciso para asistir, é posible reservar asento póndose en contacto coas redes sociais do proxecto “O val de Tebra: Os fíos da historia” en Facebook e Instagram ou a través de Whatsapp no número 679 51 37 86.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES