jueves, abril 25, 2024
InicioNewsO PaísFeijóo defende elixir un sucesor de consenso nun Congreso

Feijóo defende elixir un sucesor de consenso nun Congreso

A mediados de maio Galicia terá un novo presidente. Para elixilo Feijóo propón que se celebre un Congreso, ao que concorra unha lista única de consenso para que o seu relevo conclúa o mes que vén cun sucesor para os seus dous cargos anteriores; o de líder do PPdeG, ao que xa renunciou, e o de presidente da Xunta.

 Unha lista única consensuada pero mediante un Congreso extraordinario para que haxa votación. É a proposta de Feijóo para resolver a súa sucesión o mes vindeiro. Para que Galicia teña novo presidente a mediados de maio. Para iso el dimitirá. A súa aposta é porque non haxa bicefalia, é dicir, que o presidente da Xunta sega a ser o presidente do PPdeG.

Desde a oposición apremian a Feijóo para que dimita canto antes. A voceira do BNG, Ana Pontón, defende que Feijóo «deixe de cobrar canto antes dos galegos e as galegas». Desde o PSdeG consideran que o «xogo de estratexias» que se está vendo nestes días no PPdeG manifesta que «non hai un partido unido» senón un «hiperliderazgo» construido en torno á figura de Feijóo.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES