jueves, abril 25, 2024
InicioComarcasLouriñaEscolares de Mos reciben a visita de policías e bombeiros

Escolares de Mos reciben a visita de policías e bombeiros

Comeza o programa educativo no que o Concello leva aos colexios a efectivos da Policía Local e dos servizos de Emerxencias.

Hoxe iniciouse o programa de visitas da Policía Local de Mos e do Servizo Municipal de Emerxencias do Concello de Mos aos colexios do municipio que periodicamente se organiza desde a Concellería de Educación.
Trátase dunha actividade dentro do horario lectivo que ten un enorme éxito e xera gran expectación entre a cativada, pois trátanse de colectivos profesionais que o alumnado admira profundamente. Os nenos e nenas reciben a policías, bombeiros e Protección Civil sempre cun sorriso e moitísima emoción.
As actividades organizadas nos centros educativos, dirixidas a alumnos/as de Educación Infantil e de 1º a 5º de Primaria, inclúen circuíto de educación viaria, charla de seguridade viaria, charla descritiva do servizo municipal de Emerxencias do Concello de Mos e exposición e explicación do funcionamento do parque móbil, tanto policial como de emerxencias, entre outros aspectos.
Os obxectivos desta iniciativa son dar a coñecer entre o alumnado do municipio tanto os recursos materiais como persoais do servizo da Policía Local e de Emerxencias, e amosar o seu funcionamento dunha forma lúdica.
A primeira parte da actividade lévase a cabo no interior do colexio e, a segunda parte, relativa á exposición dos vehículos e material, no patio ou zona exterior do centro educativo. Alí os axentes da Policía Local e/ou persoal de Emerxencias explican as súas funcións e lles ensinan aos nenos algúns dos recursos materiais dos que dispoñen.
Tamén lles ensinan os vehículos por dentro, deixando que suban e poñan a serea… Todo un descubrimento para os máis pequenos

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES