viernes, abril 26, 2024
InicioComarcasO CondadoO PP de Ponteareas propón enmendar o proxecto da N-120 e engadir...

O PP de Ponteareas propón enmendar o proxecto da N-120 e engadir un acceso a Ribadetea e Padróns

Piden os populares unha rotonda máis para dar saída ao vial das parroquias e resolver así «un punto de alta sinistralidade».

O PP de Ponteareas pide que o proxecto para a reforma da seguridade viaria da N-120, que o Ministerio de Transportes Mobilidade e Axenda Urbana vén de publicar no Boletín Oficial do Estado, se enmende co fin de incluír unha rotonda máis para dar saída ao vial das parroquias de Ribadetea e Padróns e «resolver así un punto de alta sinistralidade, polo que a diario pasan máis de tres mil vehículos», segundo explica a formación.  “A mellor opción está en situala no mesmo lugar que se expón no PXOM desde a súa aprobación inicial no ano 2013, que sería entre a capela dos Remedios e unha empresa de talleres, por onde vai tamén proxectado un novo vial que dará servizo á zona industrial da Lomba e á estrada que vai ás parroquias de Ribadetea e Padróns”, matizan.

Amáis, «están a valorarse diferentes meloras como continuación das sendas propostas» en parroquias como Xinzo, Areas ou Arnoso e «mellorar zonas de paradas de autobuses, que se permita acceder aos barrios desas tres parroquias que dan á N-120 e que agora no proxecto prohíbese, co que xera un grave problema para entrar e saír aos veciños e as veciñas ás súas vivendas». O PP de Ponteareas inclúe tamén a posibilidade de «crear algunha nova rotonda para evitar que a diario veciños teñan que percorrer varios quilómetros en sentido contrario onde van para cambiar de sentido na rotonda máis próxima, como é o caso dos veciños e empresas da Lomba».

Escoita á lider dos populares en Ponteareas, Belén Villar:

 
ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES