viernes, abril 19, 2024
InicioComarcasO CondadoSalvaterra inaugura a súa Casa da Música

Salvaterra inaugura a súa Casa da Música

A que fora sede da Sociedade Unión Progresista do Distrito de Salvaterra en Bos Aires, agora é centro de ensinanza musical

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e a alcaldesa Marta Valcárcel inauguraron esta tarde a nova Casa da Música de Salvaterra de Miño, unha infraestrutura que é posible despois de que a Xunta rehabilitase a Casa do Pobo para dotala destes novos usos. Enmárcase no compromiso do Goberno autonómico por impulsar as dotacións culturais do rural e garantir así o acceso á cultura a todos os galegos.

Neste caso particular trátase, ademais, dun servizo moi demandado e de gran interese social xa que, como expresou Román Rodríguez, “estamos nun lugar de innegable tradición musical”, con numerosas agrupacións tanto folclóricas como de música clásica que, xunto coa Banda de Música implican a centos de veciños na aprendizaxe da música.

O titular de Cultura da Xunta salientou por iso o carácter estratéxico desta nova infraestrutura que permitirá reforzar as ensinanzas musicais neste concello, cunhas novas instalacións que darán servizo aos veciños do concello e proximidades.

De feito, a actuación -que contou cun investimento de 300.000 euros- dá resposta á necesidade de Salvaterra de Miño de ter un local axeitado para impartir formación musical aos máis de 200 nenos que xa a están a recibir.

Oito aulas formativas e 400 metros cadrados de superficie
O edifício, que consta de dúas alturas de mais de 200 metros cadrados cada unha, reformouse de xeito integral. Habilitáronse espazos de administración, sala de profesores, biblioteca, almacén, así como unha sala polivalente. Para impulsar a formación creáronse duas aulas teóricas, tres de solfeo e tres aulas instrumentais.

O inmoble, datado de 1925, acolleu a Sociedade Unión Progresista do Distrito de Bos Aires e anos despois albergou a Casa do Pobo co propósito de dotar ao municipio dun emprazamento onde realizar conferencias, facer exposicións e instalar unha escola de artes e oficios.

Martin Curty, arquitecto:

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES